Cairo é unha biblioteca gráfica 2D que conta cunha API sofisticada para debuxar gráficos vectoriais, imaxes compostas e renderizar texto con antialias. Cairo fornece compatibilidade para moitos dispositivos de saída, inclúindo o sistema X Windows, Microsoft Windows e búferes de imaxe, permitíndolle escribir código para debuxar gráficos en diferentes medios independentes da plataforma.
O modelo de debuxado de Cairo é similar ao que fornece PostScript e PDF. O API de Cairo fornece operacións de debuxado tales como pincelar e rechear splines cúbicos de Bézier, compo;er imaxes e realizar transformacións afíns. Estas operacións con vectores permiten gráficos ricos con antialias sen ter que usar o caro debuxo baseado en píxeles no código do seu aplicativo.
O rico modelo de Cairo permite renderizado de alta calidade en múltiples dispositivos. O mesmo API pódese usar para crear impresionantes gráficos e textos na pantalla, para renderizar imaxes e crear saídas modificadas axeitadas para unha impresión.
Debería usar Cairo sempre que precise debuxar gráficos no seu aplicativo máis aló dos widgets fornecidos por GTK+. Gran parte do debuxado realizado por GTK+ lévase a cabo usando Cairo. Usar Cairo para o seu debuxado personalizado permitiralle ao seu aplicativo ter gráficos de alta calidade, con antialias e independentes da resolución.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.