Clutter

Clutter é unha biblioteca que lle permite crear interfaces de usuario rápidas, portábeis, dinámicas e irresistíbeis.

Clutter usa os API estándares na industria OpenGL e OpenGL|ES para acceder a hardware gráfico acelerado tanto no escritorio como en contornos móbiles, sen expoñer as complexidades da programación pipeline GPU.

Clutter non especifica ningún estilo visual e non fornece ningún control de interface de usuario complexo e predefinido. Permítelle ao desenvolvedor definir o que precisa usando unha API de gráficos de escena flexíbel, con libre colocación dos elementos da escena (ou «actores») na xanela principal (ou «escena»)

Clutter ven con actores predefinidos para mostrar cores sólidas, datos de imaxe, texto e debuxado 2D de alta precisión presonalizado usando a API de Cairo. Clutter tamén fornece clases xenéricas para estructurar unha interface de usuario usando tanto un modelo de empaquetado de caixo como GTK+ como unha serie de constantes «de libre disposición».

Un número de bibliotecas de terceiros permítenlle a integración con outras tecnoloxías, como pode ser: Clutter-GTK, para incrustar unha escena de Clutter dentro de aplicativos GTK+, Clutter-GStreamer, para incrustar tuberías de vídeo e son de GStreamer, Clutter-Box2D e Clutter-Bullet para engadir interación física tanto en contornos 2D como 3D.