D-Bus

D-Bus é un bus de mensaxes multiescritorio para enviar eventos entre distintos aplicativos, o escritorio e compoñentes de baixo nivel do sistema. D-Bus fornece unha API sinxela para enviar mensaxes a servicios en particular e para enviar mensaxes de difusión a todos os servicios interesados. D-Bus permite que diferentes tipos de aplicativos se comuniquen e integren entre elas e o escritorio, fornecendo unha mellor interacción e unha experiencia enriquecedora para o usuario.

D-Bus fornece un bus de sesión e un bus de sistema. O bus de sesión úsano os aplicativos nunha sesión dun só usuario, permitíndolles compartir datos e notificacións de eventos e integrándoos co escritorio do usuario. Por exemplo, os reprodutores de filmes poden enviar unha mensaxe por D-Bus para evitar que se active o protector de pantalla cando o usuario está vendo un filme.

O bus do sistema é un bus dun só mensaxe que se executa independentemente de calquera sesión de usuario. Pódese comunicar cos aplicativos de calquera sesión, permitindo a ditos aplicativos interactuar cos compoñentes do sistema sen ter que tratar con detalles de baixo nivel do sistema. O bus do sistema úsase para fornecer unha funcionalidade importante que os usuarios agardan que funcione nos seus sistemas. Por exemplo, o bus do sistema úsase para monitorizar cando as interfaces de rede se conectan ou desconectan, cando se conectan unidades externas e cando a batería do sistema está baixa.

D-Bus é desenvolvido conxuntamente en freedesktop.org, de tal forma que pode usalo con diferentes contornos de escritorio e aplicativos. Debido a que D-Bus é un proxecto multiescritorio, pode usalo para crear software portábel e versátil que se integre dun modo transparente co escritorio do usuario, independente de que escritorio sexa.

GNOME fornece compatibilidade completa para D-Bus usando as API de GBus e GDBus en GIO.