GTK é a biblioteca de baixo nivel que usa GTK+ para interactuar co sistema para os dispositivos gráficos e de entrada. Aínda que rara vez usará GTK directamente no código do aplicativo, contén toda a funcionalidade necesaria para debuxar obxectos e texto na pantalla e interactuar co usuario con varios dispositivos de entrada.
GDK permítelle acceder a eventos de teclado, rato e outros dispositivos de entrada, no lugar de conectarse coas sinais de alto nivel que se usan en GTK+. GTK tamén fornece rutinas de baixo nivel para acceder a datos de arrastrar e soltar e do portapapeis do sistema. Cando implemente controis personalizados, quizais deba acceder a estas características para implementar un comportamento axeitado da interacción co usuario.
GDK fornece outra funcionalidade necesaria para implementar un tookit gráfico completo como GTK+. Xa que GDK actúa como unha plataforma de abstracción, permitindo que GTK+ se execute en múltiples contornos, fornece unha API para todas as funcionalidades do sistema que precisa GTK+. Isto inclúe información sobre configuracións multimonitor, resolución e profundidade da cor, mapas de cores e cursores.
Debería usar GDK sempre que precise acceso a baixo nivel para eventos, xanelas e ao portapapeis. Usar GDK para estas tarefas asegura que o seu código é portábel e intégrase co resto do seu código GTK+. Xeralmente non deberían usarse as rutinas de debuxado sinxelo en GDK. No seu lugar, debería usar a extensa funcionalidade que fornece Cairo.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.