GIO fornece varias API para a lectura e escritura asíncrona de ficheiros e outros fluxos. Os ficheiros son referenciados por URIs, e os backends locais poden fornecer acceso a máis ficheiros que os locais. Ao executarse baixo o escritorio GNOME, GIO usa GVfs para permitirlle o acceso a ficheiros sobre SFTP, FTP, WebDAV, SMB e outros protocolos populares. Este acceso a ficheiros de rede transparente é libre para todos os aplicativos que usen GIO.
As API de ficheiro de GIO están deseñadas para ser usadas en interfaces gráficas baseadas en eventos. O deseño non bloqueante e asíncrono significa que a súa interface de usuario non se bloqueará mentres agarda por un ficheiro. Tamén existen versións síncronas das API, que son en ocasións máis convenientes para o traballo de fíos ou procesos.
GIO tamén fornece rutinas para xestionar unidades e volumes, consulta de tipos de dato e iconas ademais de buscar aplicativos para abrir ficheiros.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.