Axuda

Os usuario a miúdo precisa un pouco de axuda, incluso os aplicativos mellor deseñados. GNOME fornece un sistema de axuda orientada a temas usando o idioma de marcado Mallard. Impulsado polos desenvolvedores de GNOME, Mallard é un idioma áxil e dinámico que lle axuda a escribir e revisar de forma rápida. O seu deseño orientado a temas significa que os seus usuarios poderán atopar as respostas que precisan sen ter que navegar por todo un manual. Co seu sistema de ligado único e organización, Mallard é un idioma deseñado para xestionar engadidos e axuda de fabricantes nun documento coherente.

Cando precisa manuais lineais, GNOME tamén é compatíbel co formato estándar da industria DocBook.