Pango é a biblioteca principal de xestión de texto e tipos de letra na plataforma GNOME. É responsábel de mostrar e renderizar textos e úsase a través de GTK+.
O motor de debuxo Pango pódese usar con diferentes backends de tipos de letra e debuxado. Na maioría de sistemas GNOME, pango usará FreeType, fontconfig e Cairo para acceder aos tipos de letra e renderizar texto. Noutros sistemas, Pango usará o tipo de letra nativo dos sistemas, tales como Uniscribe en Microsoft Windows e ATSUI en MacOS.
Pango ten compatibilidade extensa para os variados sistemas de escritura usados en todo o mundo. Moitos dos sistemas de escrita usados nos idiomas teñen complexas reglas de debuxado de glifos e composición de caracteres. Con Pango, case todos os idiomas poden escribirse e mostrarse correctamente, permitindo aos usuarios en calquera parte ver texto nos seus idiomas maternos. A compatibilidade é automática; os desenvolvedores de aplicativos non teñen que escribir ningún código especial para ter compatibilidade con outros idiomas.
Pango é compatíbel co estilo de texto usado nos tipos documentos e interfaces, incluíndo cursivas, tamaños de tipografía e subliñado. Pango usa un vogabulario sinxelo semellante a XML chamado PangoMarkup que lle permite estabelecer o tamaño do tipo de letra, a cor, os estilos e outros atributos do texto. Ao usar PangoMarkup poderá especificar estilos en liña sen ter que iterar manualmente cos bloques de texto. Pódese empregar PangoMarkup desde GTK+ directamente, permitíndolle dar estilo a textos nas súas interfaces gráficas de forma sinxela.
Debería usar directamente Pango cando precise mostrar texto na pantalla ou nun medio diferente. Usar Pango permitirá á disposición do seu texto traballar de forma semellante con GTK+ e o resto da plataforma GNOME. Axudaralle a crear código portábel e, o máis importante, aseguraralle que o seu aplicativo poida renderizar texto correctamente en centos de idiomas distintos.
Got a comment? Spotted an error? Found the instructions unclear? Send feedback about this page.